Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Davide Salvado e Ailá nunha Muiñada renovada. Despois da pausa o ano anterior pola pandemia, Vimianzo volverá celebrar a Muiñada dunha maneira diferente. Será o sábado 6 de novembro con actividades que se desenvolverán ao longo da xornada e en diferentes muíños do val.
A organización decide cancelar a celebración do festival este ano por responsabilidade e a dificultade para a súa realización.
Despois de debater e analizar a situación, as asociacións organizadoras e o Concello de Vimianzo cancelan a celebración no 2020 do Asalto ao Castelo.
A quinta edición da Muiñada de Vimianzo foi todo un éxito no que houbo máis bailadoras e bailadores que nunca. Desde a tarde na que xa houbo bastante ambiente até a noite de concertos non paramos de bailar, degustar e lembrar tempos pasados ao son do muíño da Agra que se volveu mover de novo coa auga do río de Cambeda.
Os da Porfia, Pan Sen Fron, Xisco Feijóo, Astarot e moita foliada é o que promete a V Muiñada que se celebrará no Muiño da Agra o 19 de outubro de 2019.
Boa tarde benvidos e benvidas a esta Revolta das Letras!
Antes de comezar coa lectura do pregón quero dar as gracias á organización por convidarme e darlle os parabéns por esta festa da que xa gocei o ano pasado e gustoume moito.
A vila de Vimianzo acollerá unha nova edición do festival Neghra Sombra o sábado 11 de maio. Unha festa moi diversa na que conflúen diferentes estilos musicais, shows teatrais, literarios e poéticos, ademais de actividades para todas as idades. O exterior da Casa da Cultura de Vimianzo, no Agro de Trasariz, será desta vez o lugar onde se instale unha carpa con tres escenarios para os diferentes espectáculos e concertos.
O sábado 20 de outubro Vimianzo volve á época da infancia de moitas veciñas e veciños ou de súas nais ou pais, avós e avoas. Un pasado labrego que se lembra con foliada, concertos, magosto, teatro, gastronomía, xogos, obradoiros e unha chea de actividades e curiosidades… Revivir a tradición, recuperar os traballos asociados ao millo como a esfollada, o debullado e finalmente o moer que se poderá ver ao vivo no propio Muíño da Agra, interesante monumento anterior ao século XVIII.
A Asociación Cherinkas e o Club de Atletismo Terra de Soneira danlle continuidade a unha proba recuperada do catálogo de actividades organizadas no pasado por Cherinkas e con retoques que a fan máis atractiva. A proba consistirá nunha contra o reloxo pola carreteira que une a Esquipa (Cereixo) e o Campo da Areosa, cunha distancia de 6,6 km. e un perfil claramente ascendente.
Chega a Neghra Sombra ao castelo de Vimianzo! A revolta das Letras Galegas, o 12 de maio. Dous escenarios, e un lugar de luxo. Cunha chea de estilos diferentes que cantan sen complexo na nosa lingua propia.