AC CHERINKAS

A Muiñada rende homenaxe a Dorothé Schubart 

Dorothé Schubart viaxou polas parroquias vimiancesas de Carnés e Baíñas no seu traballo de recollas da tradición oral en 1980.

Na Muiñada de Vimianzo estamos a prepararlle unha homenaxe en forma de exposición sonora no interior do muíño da Agra, durante a tarde do sábado 21 de outubro.

O seu valiosísimo arquivo consérvase no APOI do Museo do Pobo Galego e pode consultarse online http://apoi.museodopobo.gal/