A X Muiñada de Vimianzo presenta unha nova Ruta Teatral: A Roldiña en Cambeda. Unha ruta circular de 2,14km pola aldea de Sanfíns guiada polo señor Eduardo, e ambientada na época na que os muíños estaban cheos de vida.
Xa están á venda as entradas para Ringorrango, A Banda das Crechas, Omiri e Bouba
A partir do 21/10/2024 poderás recuperar o diñeiro non gastado nas pulseiras cashless da Muiñada. Terás que conservar a identificación que está na parte traseira da chapa da pulseira para escribila neste link: https://www.woutick.es/devoluciones-cashless/58172/77992
Tes de prazo até o 27/10/2024 ás 23:59. Os cartos non reclamados até ese momento irán destinados á asociación Cherinkas, para a organización da festa.