ac cherinkas

Vimianzo prepárase para dous días de Muiñada

A sétima edición da Muiñada de Vimianzo alongarase durante todo o fin de semana do sábado 8 e domingo 9 de outubro. Trala exitosa celebración do ano anterior, na que se retomaba a actividade nun formato diferente, a organización decidiu apostar por darlle continuidade, recuperando as actividades que se viñan facendo antes da pandemia e ampliando a festa ao domingo.

Un sábado sen descanso

Continuando co formato do ano pasado, a festa incluirá tres grandes citas ao longo da xornada para as que se requirirá o pagamento da entrada: a Ruta teatral e os concertos da Sesión Vermú e do Serán e Noite no Muíño da Agra.

A primeira trátase da Ruta teatral polos muíños de Cambeda. Un percorrido duns 4 quilómetros pola magnífica paraxe chea de fervenzas, durante a que irán saíndo ao paso do visitante personaxes de época. As saídas realizaranse por tempos en grupos reducidos.

Á hora da sesión vermú a festa móvese ao muíño da Gándara, onde poderase gozar dun dos pratos fortes do día, a actuación de Xisco Feijóo, en formato dúo acompañado de Xan Pérez.

Despois de xantar ábrese unha tarde de xogos, visita guiada, concurso de debullado, artesanía e foliada cativa. O Muíño da Agra estará animado durante toda a tarde coas diferentes actividades que desembocarán nun serán musical.

A partir das 19h, dará comezo o concerto de Pan sen fron, tralo que se recuperará a esperada foliada con grupos da comarca e a cea tradicional, con opción vegana. A partir de aí, noite de concertos con Xurxo Fernandes, Budiño e Os do Fondo da Barra. Tanto a foliada como a cea serán de entrada libre, mentres que para os concertos é necesario comprar entrada en www.enterticket.es

Ruta, carreira e sesión vermú para o domingo

O domingo a actividade centrarase pola mañá coa realización da ruta “A pegada celta, de Sanfins a Ogas” con David Roget. A partir das 10h30...

Unha alternativa á esta actividade será a carreira popular da “Milla do millo”...

Muíño das Pasantes.

O punto final da festa marcarao a sesión vermú da vimiancesa Tania Caamaño e Andrés Boutureira no Muíño da Agra.

Entradas xa á venda

Desde este mércores 21, a partir das 12h, irán saíndo á venda os diferentes bonos por fases. Para o control de acceso e o apoio ao festival será preciso adquirir entradas nas actividades que se especifican do sábado. Estas iranse poñendo á venda de forma online en www.enterticket.es en diferentes fases.

  • Bono musical + Ruta. (21/09 – 28/09)

  • Bono musical. (21/09 – 28/09)

  • Serán+Noite no Muíño da Agra. (29/09 – 07/10)

Xa está en marcha a primeira fase, a venda do bono musical para todos os concertos, coa opción de facer a Ruta teatral polos muíños de Cambeda.

Colaboración

Por outra banda, até o venres 30 de setembro, estará aberto o prazo para todo aquel que queira realizar un micro-obradoiro ou demostración na festa ou participar como artesán, sempre que teña que ver coa tradición e co espírito da Muiñada. Para facelo debe poñerse en contacto a través de facebook (@accherinkas) ou instagram (@muinhada.vimianzo).

A festa está organizada pola Asociación Cultural Cherinkas, coa colaboración do Concello de Vimianzo e da Deputación da Coruña, e coa axuda doutros colectivos como a AC Trubisquiña para a foliada ou o clube de atletismo Terra de Soneira para a carreira. Ademais, a organización agradece inmensamente o apoio e axuda da veciñanza na realización desta festa.