AC CHERINKAS

A Muiñada de Vimianzo acollerá a singular proba da Milla do Millo

Nesta VII edición da Muiñada, por primeira vez o evento ten lugar en dous días. Tras a tradicional celebración do sábado, o domingo terá lugar, nas primeiras horas da mañá, a ruta cultural A pegada celta: Sanfins-Ogas (inscrición en https://forms.gle/T9CXRzwTQcFp64Pg6) e, a partir das 11:30 a Milla do Millo.

Esta proba, cunha distancia de 1,6 km, comeza no muíño das Pasantes, pasa polo da Gándara e remata en Tras do Muíño, no que é unha exaltación desde o deporte do patrimonio material e inmaterial que xira arredor de tales construcións de pedra.

Son dúas as maneiras de participar, compatibles:

  • Categoría absoluta (masculina e feminina: só persoas adultas): saída ás 11:30 da mañá.

  • Categoría interxeracional: saída ás 12:00 da mañá.

Dentro desta categoría teremos que optar por participar nunha destas modalidades:

  1. 2 xeracións

  2. 3 xeracións

  3. + 3 xeracións

Cómpre indicar que se entenderá por xeracións aquelas relacionadas mediante vínculos familiares -sanguíneos ou políticos- ou socio-afectivos derivados das relacións de parellas. Para máis información consúltese o regulamento desta proba ou solicítese máis información ao respecto para aclarar calquera dúbida.

As incricións, que rematan o venres 7 de outubro, poden facerse neste enlace, cun prezo de 3 € para as persoas adultas, sendo gratuíta a incrición para menores de idade. Para os menores de idede é preciso contar con autorización, descárguese aquí.

A cerimonia de premios dará paso a sesión vermú das 13:30 coa que remata a Muiñada: Tania Caamaño & Andrés Boutureira, coas súas claves folk.