AC CHERINKAS

Inscríbete na Ruta Teatral da VIII Muiñada

SÁBADO 21 DE OUTUBRO DE 2023.

A Ruta Teatral forma parte da VIII Muiñada de Vimianzo. Esta ruta descobre unha serie de elementos no lugar de Sanfíns (Cambeda) para continuar pola Ruta dos Muíños do río de Cambeda. Durante o percurso irán aparecendo personaxes de cando os muíños estaban cheos de vida, interpretados por mozas e mozos de Vimianzo.

PUNTO E HORA DE ENCONTRO – REXISTRO DE ASISTENTES

Terá lugar en fronte da igrexa de san Xoán de Cambeda. A ruta é lineal, desde a igrexa sairá un bus para achegarnos ao punto de inicio da ruta a pé e desde alí camiñaremos de novo ao punto de encontro, na contorna da dita igrexa. 

O repaso da listaxe de participantes realizarase ás 10h20 do sábado 21 de outubro. O bus sairá ás 10h30, polo que se a esa hora falta algunha participante darase por feito que cancela a súa asistencia.

PERCORRIDO

Traxecto lineal duns 4 km, con inicio en Sanfíns e con final en Cambeda (Vimianzo). Lembramos que o punto de encontro é a igrexa de san Xoán de Cambeda.

PRINCIPAIS PUNTOS DE INTERESE

A ruta incorpora elementos patrimoniais de gran interese etnográfico con espazos de alto valor natural, como é a contorna da ribeira do río Cambeda.

Algúns dos puntos que visitaremos son:

TEMPOS

Estímase que a actividade terá unha duración de 2h30min.

INSCRICIÓNS

As inscricións deben facerse a través do formulario facilitado en www.cherinkas.org . As prazas ofertadas están limitadas, dados os estreitos sendeiros polos que ten lugar a ruta e máis a natureza teatral deste evento.

A actividade é gratuíta, mais debe cubrirse o formulario de inscrición obrigatoriamente. O xoves 19 de outubro remata o prazo para inscribirse na ruta.

No caso das inscricións de menores de idade estas deben incluír unha autorización, xa integrada na inscrición da persoa adulta que se fai responsable da menor.

ORGANIZACIÓN E SEGUROS

A ruta está organizada pola Asociación Cultural Cherinkas e máis polo Concello de Vimianzo, estando cuberta para o público por un Seguro de Responsabilidade Civil e mais por un seguro de accidentes.

RECOMENDACIÓNS-PROHIBICIÓNS

Por máis que haxa uns seguros para a actividade, as persoas asistentes deben asumir certas responsabilidades, entre as que destacamos o que ten que ver co seguinte:

CESIÓN DE IMAXES

A inscrición na actividade supón a aceptación da utilización de imaxes nas que poida aparecer o/a participante para labores de promoción da festa.

INSCRIPCIÓNS