AC Cherinkas
A organización decide cancelar a celebración do festival este ano por responsabilidade e a dificultade para a súa realización.
Despois de debater e analizar a situación, as asociacións organizadoras e o Concello de Vimianzo cancelan a celebración no 2020 do Asalto ao Castelo. É unha decisión que se toma por responsabilidade e prevención sanitaria pola seguridade do público, ademais de ter en conta as medidas que se están a adoptar para loitar contra a expansión da Covid19.
A quinta edición da Muiñada de Vimianzo foi todo un éxito no que houbo máis bailadoras e bailadores que nunca. Desde a tarde na que xa houbo bastante ambiente até a noite de concertos non paramos de bailar, degustar e lembrar tempos pasados ao son do muíño da Agra que se volveu mover de novo coa auga do río de Cambeda.
Os da Porfia, Pan Sen Fron, Xisco Feijóo, Astarot e moita foliada é o que promete a V Muiñada que se celebrará no Muiño da Agra o 19 de outubro de 2019.
Unha das novidades desta V Muiñada ten a ver coa campaña de bonos de dinamización da festa e das PEMES que vos propoñemos. Se queres formar parte da rede de comercios (ou persoas) que colaboran coa vila non dubides en contactar con nós.